martes, 27 de septiembre de 2016

Entrada 1: Texto con hipervínculo

Nos últimos 20 anos estamos a asistir a unha explosión da demanda de transporte desmesurada que esta a convertelo nunha da principais causas da crise ecolóxica global actual e nun dos problemas fundamentais da nosa sociedade. As consecuencias están á vista: efecto invernadoiro, contaminación acústica, atmosférica e do chan, depauperización da calidade de vida nas cidades, incremento da accidentalidade.... Cómpre dar un xiro radical na forma de entender o transporte, aplicando criterios ecolóxicos e de sustentabilidade na súa xestión. Neste campo, a bicicleta ten demostrado a súa utilidade polo que é preciso recuperar o seu papel central na mobilidade das persoas.



O desenvolvemento urbanístico difuso e espallado que caracteriza as nosas cidades está a significar un incremento moi importante na cantidade e distancia dos desprazamentos necesarios para atender as necesidades laborais, sanitarias, de ocio e de estudo das persoas. O alto prezo da vivenda dentro das cidades obriga a grandes grupos de poboación a vivir fora do espazo urbano onde realiza a súa vida cotián. Así mesmo, as dinámicas laborais están a xerar unha importante mobilidade forzada de persoas entre as poboacións da nosa xeografía que centralizan a actividade económica. Este feito é particularmente importante na costa atlántica galega onde as dúas grandes áreas urbanizadas como son o Golfo Ártabro (A Coruña – Ferrol) e Rías Baixas (Pontevedra - Vigo) concentran unha grande porcentaxe da poboación galega.1

1 comentario: